Thursday 16 de May de 2024

A Xunta Electoral ordena a retirada de propaganda partidista das redes sociais dos concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo


Atendendo as denuncias presentadas por Alternativa dos Veciños, a Xunta Electoral ordenou retirar diversas publicacións en redes sociais dos concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo, así como da alcaldesa da Coruña e do alcalde de Culleredo por vulnerar a Lei electoral. Na resolución tamén se lles ordena que se absteñen de realizar actuacións similares no futuro.

Alternativa dos Veciños defende de maneira firme o dereito á información que teñen os cidadáns, que nada ten que ver coa propaganda partidista obxecto de sanción por parte da Xunta Electoral. O uso partidista das institucións públicas por parte de PSOE e PP é unha práctica habitual en todos os municipios nos que gobernan.